Actividades Educativas
Día das Letras Galegas na escola
O 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano 2022 foi dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. Os alumnos e alumnas de primeiro curso do CEIP Filomena Dato, `linguaretearon´ os seus poemas e aproveitaron para botar un baile ao tempo.
Vai de refráns
A primavera, unha estación que ve rexurdir a natureza, medran os días, abundan as treboadas, escóitanse novos sons..... Sensacións que recollen os refráns tradicionais e que os alumnos e alumnas do cuarto curso 2021/2022 do CEIP Filomena Dato son quen de reproducir.
Linguareteando no CEIP Filomena Dato
Os alumnos de 5º e 6º do CEIP Filomena Dato, curso 2021/2022, dentro das actividades de normalización lingüística que desenvolven ao longo curso, realizaron estes divertidos vídeos nos que corrixen 'castelanismos' e outras palabras de uso cotiá mal empregadas no galego. Agradecemos esta achega aos actores e actrices así como aos seus mestres por participar […]
Certame literario de Piñor
Xusto Calviño, presidente da Asociación Música e Cultura de Galicia, a concelleria de Educación, Marga Pérez e a tenenta de alcalde, Victoria Morenza, presentaron o Certame Literario de narracións breves de Piñor, que organizan conxuntamente e que este ano celebra a súa XXV edición Calviño lembrou que este certame foi idea de varios mozos e mozas do pobo […]
Semana do Libro en Barbadás
A Concellería de Educación do Concello de Barbadás levará a cabo unha ampla programación de actividades con motivo da Semana do Libro. Obradoiros, contacontos, promoción da lectura coa entrega de unha planta ao mercar un libro conforman as actividadades propostas, co obxectivo de fomentar a lectura entre a poboación e tamén entre o público infantil. Marga Pérez, […]