"As Bárbaras", nace un xornal en Barbadás
A Biblioteca Municipal de Barbadás promove a creación dun xornal coa participación de mocidade a partir de 12 anos. Esta actividade que se leva a cabo dentro do curso escolar, con cita semanal os martes, xa deu o seu primeiro froito tanxible: "As Bárbaras". No seu primeiro número, "As Bárbaras", recolle entrevistas a personaxes vinculados […]
Di non ao silencio!
O 25 de novembro é o día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.A convocatoria foi iniciada o 25 de novembro de 1981 debido ao movemento feminista latinoamericano. Foi neste ano cando militantes a favor dos dereitos das mulleres iniciaron protestas para honrar a memoria das irmás Mirabal (Patria, Mireva e María Teresa), unhas […]
Día das Letras Galegas na escola
O 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano 2022 foi dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. Os alumnos e alumnas de primeiro curso do CEIP Filomena Dato, `linguaretearon´ os seus poemas e aproveitaron para botar un baile ao tempo.
Vai de refráns
A primavera, unha estación que ve rexurdir a natureza, medran os días, abundan as treboadas, escóitanse novos sons..... Sensacións que recollen os refráns tradicionais e que os alumnos e alumnas do cuarto curso 2021/2022 do CEIP Filomena Dato son quen de reproducir.
Barbadás celebra o Día das Letras Galegas
MÚSICA, ARTESANÍA, LITERATURA, NATUREZA E FOLCLORE GALEGOS CONFORMAN A I FOLIADA DE BARBADÁS A cita festiva será na Carballeira do Parque dos Carrís, na Valenzá, o martes, 17 de maio. O evento comezará cun desfile musical pola avenida de Celanova e despois a gran festa das Letras Galegas que reunirá a grupos musicais e artesáns/ás […]
Linguareteando no CEIP Filomena Dato
Os alumnos de 5º e 6º do CEIP Filomena Dato, curso 2021/2022, dentro das actividades de normalización lingüística que desenvolven ao longo curso, realizaron estes divertidos vídeos nos que corrixen 'castelanismos' e outras palabras de uso cotiá mal empregadas no galego. Agradecemos esta achega aos actores e actrices así como aos seus mestres por participar […]
Certame literario de Piñor
Xusto Calviño, presidente da Asociación Música e Cultura de Galicia, a concelleria de Educación, Marga Pérez e a tenenta de alcalde, Victoria Morenza, presentaron o Certame Literario de narracións breves de Piñor, que organizan conxuntamente e que este ano celebra a súa XXV edición Calviño lembrou que este certame foi idea de varios mozos e mozas do pobo […]
Semana do Libro en Barbadás
A Concellería de Educación do Concello de Barbadás levará a cabo unha ampla programación de actividades con motivo da Semana do Libro. Obradoiros, contacontos, promoción da lectura coa entrega de unha planta ao mercar un libro conforman as actividadades propostas, co obxectivo de fomentar a lectura entre a poboación e tamén entre o público infantil. Marga Pérez, […]
Gala da III edición do Concurso de Monólogos Linguareteando
O 30 de novembro de 2018 celebramos a gala da III edición do Concurso de Monólogos Linguareteando. O gañador deste ano foi Fernando Calvo Trincado, que coa súa actuación "Comer ben pero... ao tempo" fixo rir á esgalla a todo o auditorio.
III edición do Concurso de Monólogos de Barbadás - 2018
Aberto o proceso de votación en liña que resolverá o gañador ou gañadora do III Certame do Concurso de Monólogos Linguareteando, promovido pola Concellería de Educación do Concello de Barbadás. Vota ao teu monólogo favorito cun "Gústame" na plataforma Youtube. A gala final do concurso e entrega de premios, será o 30 de novembro de […]