Barbadás celebra o Día das Letras Galegas
MÚSICA, ARTESANÍA, LITERATURA, NATUREZA E FOLCLORE GALEGOS CONFORMAN A I FOLIADA DE BARBADÁS
A cita festiva será na Carballeira do Parque dos Carrís, na Valenzá, o martes, 17 de maio.
O evento comezará cun desfile musical pola avenida de Celanova e despois a gran festa das Letras Galegas que reunirá a grupos musicais e artesáns/ás
No acto de presentación, da I Foliada Día das Letras Galegas Barbadás, ademáis do alcalde, Xosé Carlos Doval, e a concelleira de Cultura, Marga Pérez, estiveron a tenente alcalde, Victoria Morenza, o concelleiro de Deportes, Abel Cortés e a concelleira de Participación Veciñal, Elisabet González.
Marga Pérez, edil de Cultura, indicou que “presentamos un novo formato para celebrar o día das Letras Galegas, da nosa lingua, a cal temos que mimar, protexer, valorar e homenaxear. Dedicase a Florencio Delgado Gurriarán, un gran poeta e defensor da nosa lingua”.
Este formato consiste nunha gran foliada que imos celebrar ao carón do Polideportivo, na Carballeira do Parque dos Carrís, ao carón do río dos Muíños ao seu paso pola Valenzá, explicou Pérez.
A Foliada comezará ás 12:00h do mediodía con un desfile do alumnado da Escola de Música Municipal de Barbadás, coa súa formación de banda, tanto xuvenil como infantil e tamén a Agrupación de gaitas Nova Fronteira.
Marga Pérez detallou que seguidamente ao desfile musical “trasladaremonos á Carballeira e poderemos disfrutar de un concerto ás 13:30h e despois compartiremos un xantar popular no cal xa hai o redor de 250 persoas anotadas. Tamén cabe mencionar que está aberto a calquera persoa que queira participar”.
A partir das 17:00h “gozaremos coas actuacións dos grupos do concello, dos grupos invitados de Arnoia, Xunqueira de Espadañedo e Ourense con cantos populares, pandereteiras, baile tradicional, etcétera. Todo en torno ao Día das Letras Galegas”.
O broche final será aproximadamente ás 20:30h cunha “gran queimada e daremos por finalizado este gran día das Letras”.
No espazo onde se celebra tamén haberá artesáns de mel, de cervexa, de aceites e produtos alimenticios como rosquilleiras e outros articulos.
Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, sinalou que “o obxectivo desta primeira Foliada do Día das Letras Galegas é pór en valor a nosa lingua, que é a esencia, a alma da nosa cultura e do noso pais. Unha lingua que ten mil primaveras e que queremos teña mil máis, que sobreviva a nós e a nosos fillos e fillas”
Valcárcel comentou que “homenaxeamos a un gran poeta, Florencio Delgado, que ademáis de ser da nosa provincia foi un exiliado emigrante, e polo tanto queremos homenaxear a unha persoa coma el que foi un vínculo moi importante na cultura galega da diáspora e da nosa terra”.
Programa
O programa de actos empezará ás 12 do mediodía pola avenida de Celanova, para baixar a continuación ao Parque dos Carrís, onde ás 13,30 haberá concerto. Ás 14,30 será o xantar popular na Carballeira e a partir das 17,00 horas irán deleitando ás persoas que participen no evento as agrupacións musicais que estarán no escenario.
- Listado de agrupacións participantes:
- Airiños de Arnoia,
- De pé feito,
- Xunquereteiras,
- Velaí Vai,
- As Lambisqueiras de Barbadás,
- Pandereteiras de Sobrado do Bispo,
- Banda de gaitas Nova Fronteira,
- Banda Infantil de Música de Barbadás,
- Banda Xuvenil de Música de Barbadás
- e a Charanga BBB.
- Listaxe de artesáns/as:
- Entrefíos, bordados personalizados;
- Alma Meiga, aceite;
- Artesanías Mari, trenzas, pulseiras;
- Palilleiras de Barbadás;
- Mel Martínez;
- Belacolmea, cosmética natural a base de mel;
- Gaia Contigo, herborario;
- Eliezer López, rosquillas;
- Sandra López, rosquillas;
- Carmen Vázquez, rosquillas;
- Cervexa A Esmorga;
- A Montaña de Entrimo, queixos;
- Asociación Camiño Termal, antigüidades;
- Xoias Lentas, xoias
- e Pablo Martínez, musical galega.