Linguareteando no CEIP Filomena Dato
Os alumnos de 5º e 6º do CEIP Filomena Dato, curso 2021/2022, dentro das actividades de normalización lingüística que desenvolven ao longo curso, realizaron estes divertidos vídeos nos que corrixen 'castelanismos' e outras palabras de uso cotiá mal empregadas no galego.
Agradecemos esta achega aos actores e actrices así como aos seus mestres por participar na promoción da nosa rica e fermosa lingua.