Certame literario de Piñor

Xusto Calviño, presidente da Asociación Música e Cultura de Galicia, a concelleria de Educación, Marga Pérez e a tenenta de alcalde, Victoria Morenza, presentaron o Certame Literario de narracións breves de Piñor, que organizan conxuntamente e que este ano celebra a súa XXV edición
Calviño lembrou que este certame foi idea de varios mozos e mozas do pobo de Piñor nos anos 90, uns anos difíciles no ambiente sociocultural. Con esta iniciativa propiciouse a potenciación da cultura, o deporte e as tradicións, pero, sobre todo,a literatura a esta parroquia do Concello de Barbadás.
“Esta promoción desenrolouse en dous ámbitos: a lectura, pola cal se creou unha sala de lectura no pobo de San Lourenzo de Piñor, e por outra banda, difundir e promocionar a nosa lingua mediante un certame literario”, explicou Xusto Calviño.
Calviño agradeceu “moito a implicación e colaboración do Concello de Barbadás no certame non só económicamente, senón tamén coorganizando e ambas entidades ímonos beneficiar desta colaboración, pero o que vai gañar vai ser o certame en si e vai pisar máis forte no eido da nosa cultura e da nosa lingua para dignificala”.
Durante estas 25 edicións o certame foi gañando credibilidade, prestixio e presenza e eso nos leva a que sobre todo nas últimas edición haxa un elenco de gañadores verdadeiramente importante. Basta con que ollemos a listaxe de escritores e comprobemos que teñen unha talla literaria destacable e incluso algúns deles teñen sigo galardoados con outros premios literarios, incluso internacionais”
Pódense consultar as bases no seguinte enlace: Bases Certame Literario
Establécense 3 categorías: para maiores de idade, para persoas entre 13 e 17 anos e a que foi proposta pola Concellería de Cultura para alumnado de Primaria.
O prazo para presentar os relatos curtos remata o 27 de maio ás 14,00 horas.
Os traballos literarios poden enviarse a casacultura@barbadas.es e justocalvio@yahoo.es.
A entrega de premios culminará con una gala na que ademáis da recollida dos galardóns, haberá actuacións musicais.
