Semana do Libro en Barbadás
A Concellería de Educación do Concello de Barbadás levará a cabo unha ampla programación de actividades con motivo da Semana do Libro.
Obradoiros, contacontos, promoción da lectura coa entrega de unha planta ao mercar un libro conforman as actividadades propostas, co obxectivo de fomentar a lectura entre a poboación e tamén entre o público infantil.
Marga Pérez, concelleira de Educación, destacou que “coa volta á normalidade, estanse realizando actividades como préstamos de libros, obradoiros para os/as máis cativos/as con dous obxectivos: un que sexa un lugar de ocio onde se divirtan cos/coas seus/súas amigos/as ou familiares e outro no que se convirtan en grandes lectores/as”.
Con motivo do Día do Libro, que está fixado no 23 de abril, “toda a semana as librarías do concello terán descontos e agasallarán cunha pranta das floristerias, unha actividade enmarcada na dinamización do comercio local”, sinalou Marga Pérez.
Este ano tamén temos unha actividade baixo o lema “léoche un conto” que consiste en que nas librarias a diferentes horas habrá un contacontos para menos e nenas. Os puntos de lectura serán o mércores ás 18,30h na Libraría Carlin e ás 19,00 na Libraría Espa. O venres a cita coa lectura infantil será ás 18,30 na Libraría A Valenzá e ás 19,00 na Libraría Moraima.
No centro de saúde tamén se fixo entrega entrega esta mañá dun lote de libros para a sala de espera de pediatría, que por mor da pandemia non se puido realizar antes.
O xoves, día 21 de abril, a Biblioteca Infantil e Xuvenil de Barbadás será escenario de outro Obradoiro, neste caso dirixido a nenas e nenos de entre 8 e 12 anos baixo o título “O xogo literario”.